InicioOccidentalCervoTodo listo para a ampliación do Museo do Mar de San Cibrao

Todo listo para a ampliación do Museo do Mar de San Cibrao

A Xunta vén de aprobar a modificación das normas urbanísticas para darlle máis terreo.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de plan do concello de Cervo pola que se poderá ampliar o actual Museo do Mar en San Cibrao.

Segundo informa o departamento autonómico, con esta resolución autorízanse os cambios propostos polo goberno municipal tras analizar o expediente remitido á Xunta o pasado 20 de outubro e concluír que o interese público da actuación que se pretende executar está xustificar pola necesidade de ampliación do referido equipamento.

Grazas á modificación urbanística aprobada, o actual Museo do Mar, un ben incluído no patrimonio cultural e o museo público dedicado a esta materia máis antigo de Galicia, poderá incorporar terreo. Para posibilitalo, farase unha recualificación da parcela contigua ás actuais instalacións e que está ocupada por unha vivenda illada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...