Aparece un lobo atropelado nunha estrada de Cervo

O incidente, segundo informou a Garda Civil, produciuse no punto quilométrico 54,900 da estrada Nacional 642

Lobo morto na estrada / EFE

A Garda Civil confirmou a aparición dun lobo morto no medio da calzada na Nacional 642 ao seu paso polo municipio de Cervo, na Mariña Lucense.

Segundo informaron fontes da propia Garda Civil, unha patrulla confirmou a aparición dun lobo morto, aparentemente atropelado, ás 06.35 horas da pasada madrugada.

RETIRADA DO CORPO

O accidente, de acordo cun comunicado de prensa enviado polo propio Instituto Armado, produciuse á altura do punto quilométrico 54,900 da estrada Nacional 642, que vertebra a comarca mariñá, ao seu paso polo termo municipal de Cervo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia ocupouse de xestionar a retirada do animal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here