InicioPolíticaG. Caballero: "Temos que ter Alcoa en observación, con toda a presión...

G. Caballero: “Temos que ter Alcoa en observación, con toda a presión política”

Asegura que o PSdeG está "en condicións" de ser a "primeira forza" política nas próximas eleccións autonómicas.

Publicada o

- Advertisement -

O líder dos socialistas galegos e candidato á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975), asegura que o PSdeG-PSOE está “en condicións” de ser a “primeira forza” política nas próximas eleccións autonómicas. “É o mellor que lle pasaría a este país”, exclama á vez que chama o resto de forzas progresistas a facer “o mellor que poidan” para “recuperar o seu electorado”.

Preguntado pola crise industrial que atravesa Galicia, defendeu os “avances” conseguidos polo Goberno fronte a un Rajoy que “non fixo nada para transitar cara a novos modelos”. “Chegamos ao goberno e posibilitamos que a central das Pontes puidese ter actividade durante anos”, asegura Caballero, que tamén subliñou os esforzos dos socialistas para “conseguir ter actividade na planta de Alcoa en San Cibrao”.

“Imos tentar facelo con todo o esforzo, pondo a funcionar un estatuto das electrointensivas”, indicou tras lembrar que en 2019 “o goberno de España deulle ao redor de 38.000 euros por traballador” en axudas a esta empresa. “Temos que ter Alcoa en observación, con toda a presión política, pero é certo que o Goberno de España está a traballar coa prioridade de manter o emprego no sector industrial”, apunta.

Podes ler a entrevista completa a Gonzalo Caballero en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...