A Xunta subliña que o SEPI “ten que ser parte activa” na venda de Alcoa

Francisco Conde sitúase así nunha opinión paralela á da multinacional e os traballadores do comité de empresa.

Francisco Conde. CARLOS CRESPO/XUNTA DE GALICIA

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, cre que o Ministerio de Industria e en concreto a sociedade estatal de participacións industriais (SEPI) “teñen que ser parte activa” no proceso de venda da planta de aluminio de Cervo, á vez que insta a Alcoa a abandonar “o inmobilismo” nas negociacións.

Así se pronunciou despois da reunión entre a titular de Industria, Reyes Maroto, e o presidente de Alcoa, Roy Harvey, este luns en Pittsburgh. Ao termo dese encontro, a representante do Goberno español asegurou lograr o “desbloqueo” da venda, mentres a multinacional matizou estas palabras ao limitar o seu compromiso á revisión da proposta trasladada pola ministra.

Así, en dúas semanas, Harvey dará unha resposta, segundo comunicou Maroto, aínda que a clave das discrepancias segue estando na intervención da SEPI que esixe Alcoa e a venda directa a terceiros pola que aposta o Executivo.

Pola súa banda, a Xunta pide “que esas incertezas se convertan en certidumbres e feitos que vaian orientados a desbloquear o proceso de negociación”, para o que apunta a “concretar, estudar e avaliar” o catro ofertas que hai de potenciais compradores das instalacións de San Cibrao.

Avogando polo diálogo, Conde, en declaracións aos xornalistas antes dun acto en Santiago, chamou a non “descartar ningunha vía, sabendo que as posturas inmovilistas non van ser a solución nestes momentos”. “A clave do bloqueo son as garantías que está a pedir Alcoa, que o resto de empresas terán que dar unha solución. O que trasladamos ao Goberno é que non hai que descartar ningún tipo de vía para poder chegar a un acordo”, profundou.

Así, ademais, apostou por “identificar con Alcoa cal é o mecanismo para desbloquear” o proceso e poder “chegar a un acordo”, ante o que advertiu de que “o inmobilismo non pode ser a solución”.

“Non hai que refugar ningunha vía. Significa que tanto ministerio como SEPI teñen que ser partes activas no proceso de negociación e teñen que estar nesa solución, e Alcoa tamén ten que dar pasos para ser facilitador do proceso de venda. Coas condicións de mercado, pero facilitador e con esa participación directa de ministerio e SEPI”, incidiu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here