InicioOccidentalCervoXa podes reservar pista de padel en Cervo desde o móbil

Xa podes reservar pista de padel en Cervo desde o móbil

* Desde este luns, as persoas interesadas poden acceder á páxina https://reservas.concellodecervo.com/ para formalizar o trámite.

Publicada o

O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das dúas pistas de pádel municipais situadas no complexo da Veiga. Así, deste este luns, as persoas interesadas xa poden acceder ao espazo de reservas de Espazos Deportivos  https://reservas.concellodecervo.com/, crear o seu usuario, e seleccionar o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias. Unha vez realizado o pago da pista recibirán un correo eléctrónico que acredita dita reserva.
Unha vez realizado o trámite, as chaves da instalación estarán a disposición das persoas usuarias na piscina municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de luns a venres; e de 10:30 a 13:30 horas, os sábados (durante o verán). Un horario que se amplía no inverno sendo de 9:00  a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas (de luns a venres) e de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas, os sábados.

“Levamos meses traballando para poder ofrecer este servizo ás persoas usuarias destas instalacións municipais que temos en ns Veiga co obxectivo de axilizar o proceso de reserva, e simplificar o procedemento –xa que ata o de agora as persoas usuarias debía achegarse ata o Concello de xeito presencial para facer o trámite-“, explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes David Rodríguez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...