As escolas deportivas municipais de Cervo inician nova tempada o vindeiro luns

O aforo dos grupos será limitado e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.

Escolas deportivas e cursos natación

O Concello de Cervo abre o próximo luns o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación, sempre cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.

Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo o próximo luns para os cursos de natación da temporada 2021-2022 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. As clases son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo. As fichas de inscrición faranse de forma presencial na piscina municipal de luns a sábado en horario de 09:00H a 15H:00 e de 16:00H a 22:00H.

Apunta o Concelleiro de Deportes, David Rodríguez, que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando un ano máis polo deporte. O deporte é un hábito esencial que debe estar presente na vida cotiá da nosa veciñanza. O ano pasado, a pesar das dificultades cos protocolos e as medidas de hixiene, conseguimos levar a cabo a programación deportiva dun xeito seguro. Este ano reforzamos a nosa aposta engadindo máis actividades como o ioga, confiando tamén en poder aumentar os aforos dos grupos”.

Por outra banda o edil engadiu que “este ano como gran novidade temos a volta dos cursos de natación. Manteranse os cursos de adultos e infantís, pero para estes últimos faranse cursos intensivos para así cubrir a gran demanda que se está a dar”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here