InicioOccidentalCervoOs traballadores de Alcoa volverán á folga ante a falta de acordo...

Os traballadores de Alcoa volverán á folga ante a falta de acordo para vender a planta

Critican o "bloqueo" da propietaria.

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, volve estar convocado a unha folga indefinida a partir do próximo luns ás 14,00 horas fronte ao “bloqueo” da venda da fábrica. Os traballadores celebraron este mércores unha asemblea na que se votou a medida, que saíu avalada por unha ampla maioría e fóra de oito persoas que se pronunciaron en contra.

O paro seguirá os mesmos procedementos e condicións do anterior, tendo en conta que o que houbo foi unha suspensión para tratar de facilitar as negociacións para a venda. Ante a falta de acordo, agora reactívase a folga, segundo explicou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Zan lamentou a falta de negociacións e de acordo “por Alcoa estar a bloquear esa venda e o Goberno non dar as garantías que se necesitan”. Todo isto, a menos dun mes de que os maxistrados da sala do social do Tribunal Supremo debatan, o próximo 20 de outubro, sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) para máis de 500 traballadores que pretendía aplicar na planta de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...