O presidente do TSXG evita pronunciarse sobre o xuíz da Maruxaina

"Os dereitos das mulleres están protexidos polos xuíces", afirmou Díaz-Castroverde.

Protesta en San Cibrao polos vídeos da Maruxaina. CARLOS CASTRO/EP/GC

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, defendeu o control xudicial sobre as medidas administrativas, tamén as sanitarias, xa que a falta desa supervisión “sería un problema“. Nunha entrevista concedida este domingo a Cadea Ser e recollida por Europa Press, o presidente do Tribunal argumentou que non sería adecuado, “ao prezo que se está pagando pola pandemia”, engadir o preio da “quebra do Estado de Dereito”.

“O control xurisdicional das decisións é un alicerce do Estado de Dereito. É importante que non esteamos alleos, sobre todo se son decisións restritivas de dereitos fundamentais”, argumentou. Nesta liña e respecto da diferenza de criterios entre tribunais e á posibilidade de que iso menoscabe a credibilidade dos xuíces, Díaz-Castroverde comentou que “hai que porse en cada caso porque, aínda que pareza idéntico a outro, non todos o son”.

MARUXAINA

Ao máximo responsable do TSXG preguntóuselle por un caso polémico, o da Maruxaina, que foi arquivado polo Xulgado nº1 de Instrución de Viveiro, e contra o que se presentou recurso. O caso baséase na denuncia de 30 mulleres que foron gravadas, sen o seu consentimento, ouriñando en plena rúa durante as festas populares da Maruxaina en Cervo en 2019; unhas imaxes que acabaron en webs de pornografía.

“Un presidente non debe entrar nestas cuestións e debe apoiar a independencia e imparcialidade dos xuíces e deixar que os tribunais resolvan a cuestión, pero creo que os dereitos da muller están protexidos polos xuíces”, defendeu Díaz-Castroverde, que pediu ademais esperar a que se resolva o recurso de apelación ante a Audiencia de Lugo.

A este respecto, tamén se cuestionou se é necesaria unha maior formación en igualdade, ao que o presidente contestou lembrando o “fortísimo” programa de formación en materia de violencia de xénero, que cursan este ano 300 maxistrados.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here