InicioOccidentalCervoCervo leva adiante melloras no polígono de Cuíña coa ampliación da área...

Cervo leva adiante melloras no polígono de Cuíña coa ampliación da área de beirarrúas

Esta obra mellora a accesibilidade ao parque empresarial e continúa as beirarrúas previamente realizadas. O orzamento total da obra supera os 150.000€.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores García Caramés e a concelleira de medio ambiente Mali Méndez supervisaron este pasado mércores as obras correspondentes á ampliación das beirarrúas na marxe dereita do Polígono de Cuiña.

A obra contempla o acondicionamento e a mellora da zona de acceso e tránsito peonil do parque empresarial, mediante a execución de beirarrúas na zona principal de acceso e a creación de canalizacións para soterrar as liñas de alumeado público. Tamén se mellorará a zona de aparcamentos e crearanse novos accesos, ademais de mellorar e renovar os xa existentes.

O orzamento total desta execución é de 152.537 euros, dos que a Xunta de Galicia subvenciona case o 80% e o restante finánciase con fondos municipais. Apuntou o rexedor que “esta obra é a continuación de todas as actuacións que vimos facendo para facilitar o acceso ao Polígono Industrial de Cuiña desde o núcleo de San Cibrao e mellorar o seu tránsito peonil, así como tamén facer máis atractivo o enclave para que entidades empresariais se plantexen establecerse nel e para as que xa están”.

Segundo indica Villares “esta actuación financiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Cervo, que ata o de agora foron as dúas únicas administracións que invertiron no polígono, vai en concordancia coa nosa reiterada petición á Deputación para que finalice o vial de acceso ao parque empresarial, que está sen rematar, e facilitaría a conexión de xeito superlativo tanto para as entidades establecidas como para as que se puideran instalar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...