InicioOccidentalCervoOs traballadores de Alcoa preparan unha marcha nocturna con cirios e candeas

Os traballadores de Alcoa preparan unha marcha nocturna con cirios e candeas

Piden á veciñanza que apague as luces das casas ao paso da marcha.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo, José Antonio Zan, anunciou este martes a convocatoria dunha marcha nocturna o vindeiro sábado na poboación lucense de Xove. Tras o “éxito” da caravana de coches en Viveiro o pasado fin de semana, os traballadores de Alcoa seguen con mobilizacións e farano en Xove, nunha “marcha nocturna” á que convidan “a todo o que queira sumarse, desde o campo de fútbol ata o Concello”.

“Nesta marcha pedímoslle aos veciños de Xove que apaguen as luces, e os da rúa principal e a rúa que dá ao Concello que prendan cirios ou veas nas xanelas para que se visualice que está todo ás escuras e véxanse as luces dos traballadores cando cheguen”, concretou, á vez que solta que “creo que vai ser unha protesta moi vistosa”, explicou.

Despois de que o Tribunal Supremo tombase o ERE que expuña a multinacional, Zan volveuse a queixar de “non” ter noticias do Goberno, de “non dar signos de vida e levan así máis dun mes”. “Pola nosa banda estamos cansados de moi boas palabras e ningún bo feito. Non temos un papel escrito por parte do Ministerio (de Industria) neste nove meses, nin nada asinado por parte deles (do goberno)”, afeou.

Ademais, o presidente do comité de empresa advertiu de que “hai ofertas” para facerse coa planta de San Cibrao, e insistiu unha vez máis en que o “problema” radica na SEPI. “Vese que o Ministerio de Industria non ve ben ter industria neste país e a SEPI non fai a operación porque non quere facer ese traballo”, censurou.

Zan comentou que hai ofertas “de catro empresas solventes, e que queren facer esa operación”. “Son empresas que estarían encantadas se o goberno participase cun tanto por cento do accionariado, empresas que tamén queren que se lles garanta un marco enerxético e unha continuidade de futuro”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...