InicioOccidentalCervoA Xunta urxe ao Goberno a convocar unha reunión "inmediata" cos traballadores...

A Xunta urxe ao Goberno a convocar unha reunión “inmediata” cos traballadores de Alcoa

Francisco Conde volveu demandar ao Executivo central un marco enerxético para buscar "unha solución".

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, volveu a demandar ao Goberno un marco enerxético para garantir o futuro das plantas de Alcoa San Cibrao, en Lugo, e de Alu Ibérica, na Coruña, ao ser preguntado pola situación de ambas as fábricas.

En ambos os casos, vinculouna cun “problema enerxético”. “Que impide que Alcoa lle dar continuidade á produción de aluminio primario e que Alu Ibérica poida atopar un futuro concreto para dar viabilidade aos postos de traballo”.

Preguntado pola última proposta de Alcoa — que prevé cesamentos temporais da actividade da planta a cambio de “un permiso retribuído” aos traballadores afectados e o compromiso de “non iniciar ningún despedimento colectivo por un período de catro anos”– que os traballadores rexeitaron, pediu ao Goberno que “de forma inmediata” convoque aos traballadores e á Xunta.

“Para avaliar cal é a situacion nun contexto no que se demostra o fracaso da política do Goberno, a inexistencia dun prezo eléctrico competitivo está a ser unha barreira para que se poida atopar un comprador que asuma a planta ou que Alcoa lle poida dar continuidade”. “Necesitamos solucion definitivas e non provisionais”, apostilou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...