A polémica “compostaxe” de Sogama chega á Mariña lucense

A compañía público-privada vén de licitar a construción dunha planta de "biorresiduos" en Cervo por 6'4 millóns de euros. No pasado, Sogama recibiu críticas de plataformas ecoloxistas pola xestión destes espazos.


Sogama adxudicou á UTE Espiña Obras Hidráulicas SA – Geoxa Xeral de Construcións SL, por un importe de 6,4 millóns, a construción da planta de compostaxe de biorresiduos no Concello de Cervo, que dará servizo a uns 15 municipios da Mariña lucense.

A instalación, que se levantará no polígono industrial de Cuíña, ocupará unha parcela de case 8.000 metros cadrados. Así, dará servizo a 15 concellos do arco cantábrico galego (a práctica totalidade dos pertencentes á comarca da Mariña lucense, ademais de Mañón), cunha poboación de máis de 69.300 habitantes. É o caso de Cervo, Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mañón, Mondoñedo, Muras, Ourol, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

A planta acollerá todo o proceso de compostaxe (pretratamiento, fermentación, maduración e almacenamento), disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica cada ano, ás que haberá que sumar 1.600 toneladas de material estructurante (podas e restos de madeira). Producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará, como fertilizante natural, ao sector da agricultura e gandaría.

Segundo informa Sogama nun comunicado, formará parte da rede de infraestruturas deseñada pola Xunta para que a maior parte dos concellos adheridos teñan acceso á valorización da materia orgánica e dispoñan dunha planta de biorresiduos, ou de transferencia, a menos de 50 quilómetros de distancia.

O ALCALDE, “CONTENTO” E “SATISFEITO”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mostrouse “contento” e “satisfeito” coa adxudicación por parte de Sogama, por 6,4 millóns de euros, da planta. “É unha infraestrutura necesaria porque cada vez hai que apostar máis pola reciclaxe de materias orgánicas. Estou moi satisfeito de que Sogama se decidise a facer a planta no polígono industrial do noso concello. É un investimento importante”, celebrou.

Villares estimou que se poderán crear “entre cinco e dez postos de traballo directos e indirectos, ao mesmo tempo para o concello o feito de levar os residuos orgánicos a unha planta como esta vai ser moito máis cómodo e máis económico”.

“É unha planta que avoga por unha serie de condicionantes importantes, é unha planta onde se vai a reciclar o sólido, pero tamén todos cantos gases e lixiviados se produzan na planta”, subliñou. Non dubida que se trata de “unha boa noticia para o concello e para toda a comarca porque Cervo está situada nun enclave xeográfico que se pode considerar na metade da Mariña”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here