Os desfiles de Cervo e San Cibrao, os pratos fortes do Entroido para este concello

O desfile de Cervo terá lugar o domingo 27 de febreiro e o de San Ciprián celebrarase o martes 1 de marzo.


O Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Cibrao como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.

O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Cibrao celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se celebrarán os desfiles”. Apuntou que “xa desde o verán do 2021 levamos organizando dun xeito seguro todo tipo de eventos de ocio e culturais”.

A edila sinalou que “este ano, no caso de que as condicións meteorolóxicas non acompañen, os defiles terán que ser suspendidos, mais agardamos que esto non sexa así, polo que convidamos a todos e todas, veciñanza e visitantes, a que se animen e veñan a vivir o entroido a Cervo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here