InicioOccidentalCervoCervo aproba a modificación orzamentaria para usar o remanente do ano 2021

Cervo aproba a modificación orzamentaria para usar o remanente do ano 2021

Executaranse un total de 925.552 euros do remanente para gastos xerais do ano anterior.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo aprobou na sesión plenaria celebrada onte unha proposta de modificación orzamentaria co obxectivo de executar parte do remanente líquido de tesourería do ano 2021 para facer fronte a diferentes actuacións.

Con esta modificación orzamentaria farase uso de parte do remanente do curso anterior, para efectuar sete actuacións diferentes, por un valor de 925.552 euros.

As actuacións que se van levar a cabo os vindeiros meses mediante o remanente de tesourería son:

Paseo peonil de Sargadelos, por un importe de 499.887 euros.

Mellora do camiño rural dende Rego de Outeiro ata a Corcova, Rúa; por un importe de 47.742 euros.

Acondicionamento do camiño para a creación dunha pista de equitación nas inmediacións das instalacións da Bidueira, por un importe de 37.238 euros.

Acondicionamento e mellora das zonas de Penido e Cuiña, por un importe de 52.440 euros.

Acondicionamento e mellora dun camiño na parroquia de Rúa, por un importe de 75.777 euros.

Substitución da cuberta do clube deportivo de Río Cobo, por un importe de 48.350 euros.

Ampliación do Museo do Mar, por un importe de 164.115,40 euros.

En declaracións do alcalde, Alfonso Villares,: “poderemos levar a cabo as diferentes actuacións proxectadas debido a, o que nós entendemos como unha xestión responsable, do diñeiro público e, desta forma, damos resposta ás necesidades que a nosa veciñanza nos presenta no día a día”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...