- Advertisement -
A Casa a Cultura de San Cibrao acollerá o vindeiro xoves, 31 de marzo un taller enfocado a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos baixo o título “Nen@s con mal comportamento. Que facer?”.
O taller está organizado por Educando en Familia e será impartido por Carolina García Chico, pedagoga de Comunícate Logopedia e especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar. A hora de inicio será ás 10:30H.