Alcoa San Cibrao doa equipamento para o servizo de bombeiros de Ucraína

Fundación Alcoa contribuíu cunha axuda de 500.000 dólares ao Comité Internacional de Rescate para axuda humanitaria ás persoas afectadas polo conflito.

Cheminea e torretas de alta tensión en Alcoa San Cibrao. EFE/ELISEO TRIGO

Alcoa San Cibrao doou equipamento de protección contra incendios a Protección Civil de Cervo e á Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) para o seu envío ao Servizo Nacional de Bombeiros de Ucraína.

Segundo informa, a Brigada de Emerxencia da fábrica foi a encargada de entregar á APTB a achega de Alcoa para protección do persoal bombeiro ucraíno, 21 chaquetas e 32 pantalóns de diferentes tallas, 500 máscaras autofiltrantes para po, 70 traxes de protección TYVEK e 100 luvas mecánicas.

Fundación Alcoa, pola súa banda, contribuíu cunha axuda de 500.000 dólares ao Comité Internacional de Rescate para axuda humanitaria ás persoas afectadas polo conflito en Ucraína, especialmente para apoiar ás familias que se ven obrigadas a cruzar fronteiras para escapar de conflitos violentos.

Alcoa, pola súa banda, anunciou ao comezo do conflito que deixaba de comprar materias primas ou vender os nosos produtos a empresas rusas en resposta á agresión a Ucraína.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here