InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo abre unha cancha de volei praia no areal...

O Concello de Cervo abre unha cancha de volei praia no areal do Torno en San Cibrao

O edil de Deportes, David Rodríguez, sinalou que “a creación deste campo responde ao interese crecente que detectamos en Cervo por este deporte, xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das Escolas Deportivas Municipais e tamén a través do C.D. San Cibrao".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acaba de crear unha cancha de volei praia no Torno, en San Ciprián, en concreto na zona da ría.

O edil de Deportes, David Rodríguez, estivo supervisando os traballos que, tal e como explicou, consistiron “na instalación dos mastros que quedaron soterrados, no movemento e achandado de area para darlle consistencia e forma á pista empregando a unha pala, na instalación dunha rede profesional de volei praia, e na delimitación da cancha a través de cintas que quedarán instaladas de xeito permanente”.

Tal e como apuntou Rodríguez “a creación deste campo responde ao interese crecente que detectamos en Cervo por este deporte, xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das Escolas Deportivas Municipais e tamén a través do C.D. San Cibrao”.

Con esta nova dotación deportiva –continuou- “dámoslle ademais á veciñanza unha alternativa máis para a práctica da actividade física; aproveitando ademais a partir de agora a chegada do bo tempo e o beneficio que supón practicar deporte ao aire libre”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...