InicioOccidentalCervoPremio ao Sendeiro do Torno en Cervo polo seu valor natural e...

Premio ao Sendeiro do Torno en Cervo polo seu valor natural e de sensibilización ambiental

O edil de Turismo, David Rodríguez, recolleu este mediodía en Madrid o galardón “sendeiro azul” co que a Adeac recoñece aqueles itinerarios que destacan por ser valiosos recursos para a interpretación ambiental e o desfrute da natureza

Publicada o

- Advertisement -

O edil de Turismo, David Rodríguez, desprazouse este xoves ata Madrid, en representación do Concello de Cervo, para recoller o galardón que destaca á ruta do Torno como “Sendeiro Azul”. Trátase dun carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde para o noso Concello”.

Con esta insignia, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) premia a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios de todo el territorio nacional, transformados en valiosos recursos para a interpretación ambiental e o desfrute da natureza.

Rodríguez valorou de xeito moi positivo este recoñecemento “que referenda o labor que levamos moito tempo desenvolvendo desde o Concello de Cervo en prol da posta en valor do noso patrimonio natural, é un incentivo máis –engadiu- para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna”.

Este selo de calidade, pois, “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”, avalando o esforzo que se vén realizando neste terreo, precisou.

Esta insignia vén a sumarse á bandeira azul que lle foi outorgada un ano máis á Praia do Torno e tamén ao recoñecemento á Carpintería de Ribeira como Centro Azul.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...