Identifican o dono do barco encallado no Vicedo, pero segue en paradoiro descoñecido

O veleiro apareceu este sábado con comida e aparellos acesos no seu interior.


A Garda Civil xa identificou o dono do veleiro de bandeira sueca que este sábado apareceu encallado no Vicedo, pero continúa en paradoiro descoñecido. Así o informaron fontes da Benemérita, que indican que continúa a investigación para dar co titular desta embarcación que foi trasladada a Viveiro tras aparecer con comida e aparellos acesos no seu interior.

Foron axentes de Gardacostas de Galicia os que, sobre as 13,25 horas, alertaron a Salvamento Marítimo do achado do veleiro na zona entre a praia de San Román e Xestoso, no termo municipal do Vicedo.

Tras recibir o aviso, Salvamento articulou un dispositivo polo cal a salvamar ‘Sahula’ se encargou de achicar a auga do interior da embarcación cunha motobomba para posteriormente, coa axuda doutros barcos, remolcala a Viveiro.

Durante o operativo de traslado, o helicóptero ‘Pesca 2’ mobilizouse ata o lugar por se se producise unha caída ao mar por parte da tripulación. Ata o momento, a pesar de que o dono xa está identificado, descoñécese o seu paradoiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here