O Vicedo presenta este xoves a súa V Romaxe Viquinga na Casa da Cultura

Ademais da presentación, anteriormente tamén haberá un acto cos nenos e nenas do Colexio de Primaria do Vicedo, onde se entregarán os premios do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga 2022, no que participaron todos os nenos e nenas de Educación Primaria


O Vicedo presentará este xoves ás 13h na Casa da Cultura a V Romaxe Viquinga do Vicedo, que se vai celebrar os días 29 e 30 de xullo de 2022. Asistirán o Delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, o Alcalde-Presidente do Concello do Vicedo, José Jesús Novo Martínez e a tenente de alcalde, Pilar Otero Insua.

Ademais da presentación, anteriormente tamén haberá un acto cos nenos e nenas do Colexio de Primaria do Vicedo, onde se entregarán os premios do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga 2022, no que participaron todos os nenos e nenas de Educación Primaria. Ademais dos premios para os dous primeiros de cada categoría, haberá agasallos para todos os participantes. Este acto será presidido polo alcalde presidente e contaremos coa presencia de Marionetas Trécola, que actuarán tamén na Romaxe Viquinga.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here