Sabela Ramil, con raíces en Bravos, finalista de Operación Triunfo

A moza, de 24 anos, ten familia en Ourol e é integrante da asociación cultural Aturuxeiros

Sabela Ramil. OT

A cantante das Pontes Sabela Ramil, con raíces en Ourol, será unha das 18 candidatas a entrar na academia de Operación Triunfo. A vocalista, de 24 anos, xogarase un posto o mércores, desde as 22.05 horas, na Televisión Española.

A moza, con formación en Terapia Ocupacional e especializada en musicoterapia, ten experiencia como cantante e clarinetista en formacións como Muxarega ou Bahut.

ÚNICA GALEGA

A relación de Ramil co municipio ourolés non se limita á rama familiar, senón que a rapaza está implicada no tecido asociativo da localidade, pois é integrante do colectivo cultural Aturuxeiros de Bravos. Será a única concursante galega no programa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here