Falece a muller atropelada en Viveiro por un condutor que se fugou

A falecida, de 67 anos, non superou as lesións provocadas polo sinistro, sucedido o pasado día 3

O accidente produciuse nas inmediacións deste cruce. AXM

S. S. M. E., a muller de 67 anos que foi atropelada en Viveiro o pasado 3 de outubro, faleceu este sábado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) debido ás lesións provocadas polo accidente.

O SUPOSTO AUTOR, EN PRISIÓN

A falecida foi atropelada presuntamente por un veciño de Ourol, C. V. L., de 52 anos. O suposto autor do atropelo permanece en prisión.

Segundo fontes da Policía Local, o sospeitoso foi atopado no seu domicilio horas despois do sinistro, tras darse á fuga, e deu positivo por alcol e drogas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here