InicioOccidentalOurolO PP de Ourol denuncia o "abandono" do polígono industrial do municipio

O PP de Ourol denuncia o “abandono” do polígono industrial do municipio

O portavoz municipal dos populares, José Hermida, di que no estado en que se atopa o polígono industrial, propiedade da Deputación, é case imposible que algunha empresa teña interese en asentarse alí

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ouron declara que unha gran parte da rede de estradas da Deputación está en moi mal estado. No Concello de Ourol as vías que dependen do organismo provincial aínda están, a estas alturas do ano, sen rozar; a maiores, algunhas delas teñen o firme desfeito.

Segundo manifesta o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira “en Ourol, o polígono industrial, que depende da Deputación, non conta con empresas e está cuberto polas silvas”. Xunto con Castiñeira, o voceiro municipal dos populares, José Hermida, reclama do goberno provincial que adopte as medidas necesarias para amañar as estradas e promocionar o polígono. Hermida ofrece ao alcalde crear unha fronte común para conseguir que a Deputación atenda as necesidades dos veciños de Ourol.

Javier Castiñeira sinala ademais que “nas visitas que está a facer o grupo do PP na Deputación por toda a provincia, acercámonos a Ourol e estivemos no seu polígono industrial, que é da Deputación de Lugo. Dá pena velo, sen manter, sen rozar (como moito do patrimonio que ten a Deputación de Lugo) e sen estar posto en valor. O grupo provincial do PP levará algunha iniciativa ao pleno para darlle actividade e poñelo en valor, porque é necesario para os veciños desta localidade”.

Tamén na nosa visita ao Concello de Ourol, ademais de apreciar o mal estado de mantemento do polígono industrial, comprobamos as deficiencias das estradas. Algunhas teñen o firme en moi mal estado; é moi urxente arranxalas. A maior parte das vías provinciais en Ourol están sen desbrozar; que se dea esta situación pasado o verán é algo incomprensible”. Engade: “Unha delas é a LU-P-3807, que comunica a parroquia de San Pantaleón, e os veciños quéixanse moito. As estradas están perigosas e dan moi mala imaxe. Pode haber danos materiais pero tamén persoais, porque debido á maleza hai puntos con moi pouca visibilidade. Pedimos ao goberno da Deputación que canto antes faga que se rocen estas estradas e que amañen aquelas que están mal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...