InicioSucesosMorre atropelado un veciño de Viveiro cando camiñaba sen chaleco pola A-6

Morre atropelado un veciño de Viveiro cando camiñaba sen chaleco pola A-6

O falecido, de 50 anos, perdeu a vida ao ser alcanzado por un turismo á altura de Begonte

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un veciño de Viveiro de 50 anos perdeu a vida tras ser alcanzado por un turismo cando camiñaba pola Autovía do Noroeste (A-6), á altura do término municipal de Begonte.

Segundo informaron a Efe fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, o accidente produciuse a última hora da tarde do mércores á altura do quilómetro 511.2, preto da saída de Rábade da autovía A-6.

ANDABA DE FRONTE AOS VEHÍCULOS

Por causas que aínda se descoñecen, o home ía camiñando sen chaleco nin outra peza reflectante en sentido A Coruña, de modo que viñan de fronte os vehículos que circulaban en dirección Madrid.

O atropelo produciuse preto da mediana, no carril esquerdo do sentido correcto da marcha. Ata o lugar do sinistro desprazáronse os servizos de urxencias, pero nada puideron facer por salvar a vida do peón falecido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...