O vento supera os 100 qm/h en Viveiro

Penedo do Galo rexistrou unha vez máis o refacho máis forte do que vai de mércores en Galicia

Ponte da Misericordia, en Viveiro. EFE

Galicia rexistra unha nova xornada de tempo inestable que deixa ventos de 109 quilómetros por hora (qm/h) en Viveiro, así como ondas de seis metros nas últimas horas nas illas Sisargas, en Malpica.

Unha alerta laranxa por ondada afectou ás provincias da Coruña e Pontevedra ata as 9.00 horas, ao que segue un aviso amarelo por ondas desde esa hora. Ademais, hai aviso amarelo por vento de forza 7 entre Ferrol e Ortegal durante toda a xornada, un aviso que tamén se produciu de madrugada na Mariña lucense.

ONDAS DE SEIS METROS NA ESTACA

Segundo a información de Meteogalicia, ademais de en Penedo do Galo, en Viveiro, o vento pasou dos 100 quilómetros por hora en Punta Candieira, en Cedeira, con 108,5. No tocante á ondada, segundo a información de Portos do Estado, as ondas chegaron a seis metros de altura en Sisargas e quedaron preto desa altura en Estaca de Bares.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here