Os Bombeiros de Viveiro organizan unhas xornadas para colaborar co Banco de Alimentos

O vindeiro venres o parque de bombeiros abrirase ao público, onde terá lugar un taller de prevención de lumes no fogar e un percorrido por todas as instalacións.

Parque de bombeiros. SALVAMENTO LUGO

O parque de Bombeiros de Viveiro abrirá as súas portas por primeira vez a todo o público que desexe asistir o vindeiro venres, 27 de decembro, de 11,00 a 15,00 horas, para levar a cabo unha recollida solidaria de alimentos, produtos de hixiene, roupa e xoguetes para doar ao Banco de Alimentos da Mariña.

Nesta xornada, os bombeiros convidan a toda a cidadanía a que se achegue a coñecer a súa sede, os seus equipos e a forma de traballar deste corpo de seguridade.

Neste encontro, “farase un percorrido por todas as instalacións e tamén para coñecer os coches de bombeiros, un reclamo sobre todo para os máis pequenos da casa”, sinalou Marta Rouco, xerente do Consorcio de Bombeiros.

Ademais da visita, está previsto un taller sobre prevención de lumes no fogar ás 12,00 horas, unha actividade que será práctica, xa que se ensinarán cuestións como utilizar un extintor ou claves de como evitar lumes domésticos adquirindo hábitos seguros.

MANTEMENTO DE ESTRADAS

Por outra banda, a Deputación de Lugo recibiu 12 novos vehículos para renovar a frota do parque móbil, co obxectivo de prestar un servizo mellor e máis eficiente.

Cun investimento de preto de 182.000 euros, a deputación adquiriu nove turismos e tres todoterreos que xa son utilizados polos capataces de obra que traballan na área de Xestión Territorial para a vixilancia e mantemento da rede viaria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here