Un documental para lembrar a historia do Resurrection Fest e os seus mellores momentos

A peza, de 75 minutos, será emitida de xeito gratuíto na canle de Youtube do festival.

A imaxe icónica de Álex, levantado polo público do Resu. DANIEL CRUZ/RESURRECTION FEST

Galicia volverá quedar sen Resurrection Fest. Un ano máis, o festival metal máis importante da comunidade e, quizais, do conxunto do Estado, terá que ser adiado por mor da situación sanitaria. Porén, os organizadores do encontro non queren deixar os asiduos do festival coas mans baleiras, e veñen de anunciar a emisión dun documental que recollerá a historia do festival xunto con algúns dos seus mellores momentos.

A idea de lanzar un vídeo en streaming arrincou xa no pasado ano 2020, cando a organización decidiu difundir as actuacións dos conxuntos musicais en directo. Desta vez, o vídeo consistirá nun documental de título Resurrection Fest: la historia (2006-2020), que segundo os creadores foi “editado especialmente para ver todo o seu contido de maneira continua.

De acordo coa organización, Resurrection Fest: la historia (2006-2020) recollerá, para comezar, un repaso da traxectoria do festival comezando pola súa fundación para logo recuperar anaquiños de cada edición dende ese primeiro envite. O documental, que se estenderá ao longo de 75 minutos, estará tamén regado de declaracións de moitos dos músicos de talla mundial que pasaron polos seus escenarios. O documental será publicado este xoves 29 ás 22:00 na canle de Youtube do festival.

Escribes na noticia un shortcode (cos corchetes) Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here