O BNG de Viveiro denuncia o deteriorio dos xardín arqueolóxico do Valado

Subliñan que os paneis informativos "non conservan texto algún" polos efectos do tempo e o sol.


O BNG de Viveiro vén de denunciar o “deterioro” dos paneis informativos dispostos no xardín arqueolóxico do Valado, ao pé dos antigos restos medievais que se conservan das fortificacións da vila. Segundo apuntan dende a formación, dos seis paneis informativos existentes no xardín arqueolóxico do Valado, catro “non conservan texto algún”; xa que, segundo destacan, “os vinilos desapareceron”.

A problemática replicaríase nos dous restantes, que de acordo coa versión da formación, “están moi deteriorados polo paso do tempo e a acción do sol”. “O mesmo pasa con varios dos paneis informativos existentes en varios puntos do Concello”, engaden, “pois nalgúns a información que contiñan xa non existe”.

Por esta razón, o BNG de Viveiro diríxese directamente á alcaldía para solicitar que esta “dispoña que os servizos técnicos correspondentes revisen todos os paneis informativos” e e proceda a reparar “todos aqueles que o precisen”. A formación fai especial fincapé no xardín arqueolóxico do Valado, xa que, subliñan, “non é lóxico que esta zona do lenzo da muralla non conte con ningún tipo de información”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here