Irlanda xulgará por tres delitos pesqueiros ao patrón do ‘Punta Candieira’

Acúsao de "infraccións" das normas pesqueiras por supostamente faenar en zona prohibida, nas 12 millas de xurisdición territorial.

O Punta Candieira, con base en Celeiro, apresado pola Mariña de irlanda / Ministerio de Pesca

O patrón da ‘Punta Candieira’, buque galego apresado en Irlanda, enfróntase este martes, 8 de xuño, a unha vista acusado de tres delitos relacionados con “infraccións” das normas pesqueiras por supostamente faenar en zona prohibida, nas 12 millas de xurisdición territorial. Segundo informan a Europa Press fontes do Ministerio de Exteriores, agora o caso foi transferido ao Tribunal Penal de Cork, onde o patrón se enfronta a este xuízo.

A pasada semana, a armadora abonou fianza de 170.000 euros imposta polo xulgado de Middleton, do condado de Cork, para liberar ao pesqueiro con porto base en Celeiro.

Mentres, o palangreiro permanece no porto irlandés de Cobh, onde a quincena de membros que compoñen a tripulación –oito son de nacionalidade española, procedentes de lugares como Cedeira e Celeiro– ten liberdade de movementos.

O palangreiro foi apresado o 1 de xuño polo Servizo Naval de Irlanda por supostas “infraccións” das normas de pesca.

Os feitos remóntanse ao pasado 28 de maio, cando o pesqueiro galego, segundo a acusación, se atopaba faenando en augas de xurisdición irlandesa. Ese día tivo un incidente co barco irlandés ‘Lours de Mers’, supostamente tras unha manobra perigosa realizada pola ‘Punta Candieira’ para evitar que o outro barco lle cortase as artes de pesca.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here