A xunta anuncia que seguirá axudando a dinamizar a Semana Santa de Viveiro

Tamén amparan o traballo das confrarías galegas para manter as tradicións

11,45 h.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reunirase co presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga Golpe. foto xoán crespo 09/06/2021

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro mantiveron un encontro co presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga, para seguir avanzando na dinamización desta celebración.

Na reunión abordouse tamén a posta en marcha dun proxecto que ofreza información permanente sobre a Semana Santa de Viveiro no Claustro da Igrexa de San Francisco, que funcionaría coma un museo temporal.

Por outra banda, o Goberno galego tamén apoia o traballo das confrarías galegas para manter as tradicións ao mesmo tempo que se converten en importantes reclamos turísticos ao atraer cada ano centos de visitantes para participar nas numerosas procesións e actos relixiosos.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here