InicioCentralAlfozO Concello de Viveiro pide á Xunta que se implique no financiamento...

O Concello de Viveiro pide á Xunta que se implique no financiamento do conservatorio de música

Solicitaron unha reunión co conselleiro de cultura para tratar de buscar "unha solución" á "grave discriminación con respecto ás grandes cidades".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fixo un balance do curso 2020-2021 e informou de que ten solicitada unha reunión co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para buscar solución á “grave discriminación” que sofre o o conservatorio.

Segundo indican, o conservatorio acolle alumnado de catorce concellos diferentes, tanto da comarca da Mariña como doutros municipios da provincia da Coruña. En concreto, hai alumnos e alumnas de Alfoz, Burela, Cariño, Cervo, A Coruña, Foz, Lourenzá, Mañón, Ortigueira, Ourol, Ribadeo, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Dende o Concello de Viveiro destacan a “grande importancia” do servizo prestado, e sinalan que en Galicia hai 21 conservatorios profesionais de música dependentes dos concellos e, polo tanto, “asumindo unha competencia que corresponde á Xunta de Galicia”. No caso de Viveiro, trátase ademais do conservatorio profesional de música dependente dun concello que se atopa “máis lonxe dunha capital de provincia, onde os conservatorios profesionais existentes si que dependen da Xunta de Galicia, igual que no caso das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela”, o que consideran “unha grave discriminación con respecto ás grandes cidades”

Nos últimos tres anos, aseguran, o conservatorio recibiu unha pequena subvención por parte da Xunta de Galicia, ademais da subvención concedida pola Deputación de Lugo, pero “estas axudas e máis os ingresos correspondentes a matrículas e mensualidades non cubren, nin de lonxe, os gastos derivados do servizo, que ademais da súa importancia cultural ten a máxima importancia educativa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...