A Policía Nacional desenmascara 17 estafas de compras online

A investigación comezou tras a denuncia dun veciño de Viveiro que non recibiu unhas zapatillas que mercara a través da rede.

Compra por internet. AXM

Investigadores da Policía Nacional relacionaron 17 estafas realizadas en diferentes puntos de España dende o 2017. A partir dunha denuncia dun veciño de Viveiro, que reclamaba non recibir unhas zapatillas deportivas mercadas a través de Internet, relacionáronse 16 casos similares nos que as vítimas non recibiron os seus produtos. 

O veciño de viveiro pagara polas zapatillas 130€ no mes de maio, e denunciou a estafa a principios do mes de xuño. A Policía Nacional averiguou a identidade da persoa física titular da interface anunciante do comercio, con sede en Huelva. Os feitos puxéronse en coñecemento da Autoridade Xudicial e Fiscal e estase á espera da correspondente resolución sobre quen é competente para a súa investigación.

Ante o ocorrido, a Policía Nacional recorda a importancia de comprobar a vericidade das ofertas a través de Internet, especialmente en interfaces pouco coñecidas. Aconsellan realizar os pagos mediante plataformas de pago seguras e desconfiar de grandes ofertas, detrás das cales están a maioría destas estafas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here