InicioDeportesToda a Mariña pendente do heroe Adrián Ben

Toda a Mariña pendente do heroe Adrián Ben

Publicada o

- Advertisement -

Todo Vivero, toda a Mariña e boa parte de Galicia estará pendente este mércores da fazaña dun novo heroe galego, Adrián Ben, o único español que foi quen de meterse nunha final olímpica dos 800 metros cunha portentosa capacidade e forza que para algúns xa cheira a medalla.

Para seguir a carreira, que terá lugar pasadas as 14.00 horas, o concello de Viveiro decidiu instalar unha pantalla xigante nos xardíns Noriega Varela nun día, ademais, que o atlleta fai o seu 23 aniversario. Desde o goberno municipal lembran a necesidade de empregar máscara en todo momento e gardar a distancia de seguridade.

Non é a primeira vez que hai unha pantalla xigante para seguilo. Aconteceu tamén cando o viveirense correu a final dos 800m no Mundial de Doha, no ano 2019 nunha carreira na que acabou sexto.

O Concello de Viveiro anunciou xa que proporá outorgar a Adrián Ben Montenegro o título de fillo predilecto da cidade no pleno que se celebra tamén mañá.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...