InicioOccidentalViveiroViveiro reparte empanada de pescada para reivindicarse como destino turístico

Viveiro reparte empanada de pescada para reivindicarse como destino turístico

O Concello organiza unha degustación gratuíta no Salón Turístico de Silleda para colocarse no mapa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro volve facer gala do potencial turístico do seu territorio, desta vez no Salón Turístico de Galicia Turexpo, que se celebrará ente o venres 3 o sábado 5 deste mes de setembro en Silleda. A participación do concello mariñán está garantida da man dun stand propio co que o consistorio da localidade pretende facer chegar o pulo turístico a terras distantes.

“A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio”, apuntan dende o Concello, que asegura que o stand servirá para “ofrecer folletos promocionais e información sobre o Concello”, á parte de instalar unha “gran pantalla” na que se proxectará, de forma continuada, os vídeos de promoción turística do municipio da Semana Santa.

O prato forte da xornada consistirá na reunión da concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, con diferentes tour operadores de diversos países, como Bélxica, Francia, Irlanda, coa fin de promocionar internacionalmente os recursos turísticos do Concello de Viveiro.

O consistorio tamén achegará ao Turexpo un dos principais atractivos do lugar: a súa gastronomía. Así é que o Concello vén de anunciar unha degustación gratuíta de empanada de pescada e de pan dos apóstoles, que terá lugar o venres, ás 13:30 horas, e na que se ofrecerán aos visitantes unhas 300 racións de empanada e unhas 120 racións de pan dos apóstoles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...