InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pide "unha acción colectiva" para afrontar o problema...

O Concello de Viveiro pide “unha acción colectiva” para afrontar o problema dos suicidios

“A solución sempre estará en apoiarnos os uns aos outros nos momentos mais complexos”, finaliza a responsable de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Benestar Social, súmase á conmemoración hoxe, 10 de setembro, do Día Mundial para a Prevención do Risco Suicida, que este ano ten como lema “Crear esperanza a través da acción”. Con motivo desta data, dende a concellería de Benestar Social transmítese unha mensaxe reflectindo a necesidade dunha acción colectiva para abordar este crecente problema de saúde pública.

Dende dito Departamento Municipal, preténdese recordar e reforzar a idea de que existen alternativas, así como brindar, tal como di o lema deste ano, esperanza a quen atravesan un mal momento nas súas vidas.

Nesta Concellería tanto a súa concelleira Victoria Baamonde Gómez como os técnicos responsables do Departamento de Servizos Sociais teñen un claro compromiso na axuda e apoio a todas as veciñas e vecinos que requiran atención psicolóxica.

“Todos nós somos coñecedores do duro que está a ser atravesar unha pandemia global, así como a deplorable situación da atención psicolóxica no sistema público de saúde en Galicia, o que ocasiona que moitas persoas que necesitan con urxencia este tipo de asistencia pasen meses á espera ou inclusive unha vez iniciado o proceso sexan citados cunha periodicidade quincenal e en moitos casos inclusive mensual. Moitos casos limítanse a ser tratados de forma paliativa dende a atención primaria con ansiolíticos ou antidepresivos”, sinala a concelleira.

“Como Concelleira de Benestar Social e psicóloga traballadora nun Centro de Protección de Menores na nosa localidade”, engade Baamonde, “son coñecedora de situacións moi complexas que requiren dun apoio inmediato neste senso, co fin de evitar a perpetuación da dor en moitas persoas”.

Por este motivo, a edil comprométese “a atender de forma persoal aquelas solicitudes relacionadas con esta realidade e tamén poido transmitir a sensibilidade de toda a nosa Equipa en relación a este tema. Dende o Equipo de Goberno poñeremos á disposición da veciñanza todos os recursos persoais e económicos necesarios para que poidan superar estas dificultades”. “A solución sempre estará en apoiarnos os uns aos outros nos momentos mais complexos”, finaliza a responsable de Benestar Social.

Por último, co fin de lembrar a importancia de este día o Concello de Viveiro iluminará a emblemática Porta de Carlos V cunha luz amarela, permanecendo iluminada con esta cor durante todo o fin de semana.

CONTACTOS DE INTERESE

Departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro ubicado nos Claustros de San Francisco, mediante cita previa solicitada a través do seguinte teléfono de contacto: 982550421.

Teléfono da Esperanza dispoñible as 24 horas, todos os días de la semana: 717 003 717.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...