Os traballadores de Vestas, en estado de “shock”: “é moi difícil seguir traballando”

Aseguran que o ERE os colleu por sorpresa e anuncian mobilizacións continuadas para buscar unha solución.

Traballadores de Vestas/CRTVG

O persoal ao completo de Vestas en Viveiro concentrouse este mércores ante a fábrica en sinal de “desaprobación” ante o “duro” e “inexplicable” anuncio de peche da compañía, previsto para finais de ano.

O presidente do comité de empresa, David Mariño, explicou a Europa Press que esta é a primeira dunha concentración que farán diariamente, de luns a venres, ás 10,30 horas, durante os 20 minutos que dura o seu descanso regulamentario.

“A día de hoxe non a entendemos”, destacou Mariño sobre a decisión anunciada pola compañía. “Estamos nerviosos, intranquilos, ante unha situación totalmente sorpresiva. O anuncio do ERE foi desapiadado, non houbo ningún preaviso nin sinal. Pillounos totalmente á contra e foi un shock e estamos a nos levantar aos poucos deste shock”, subliñou.

Segundo indica, “a xente na planta está a tentar asimilar un pouquiño, deixando o traballo en segundo plano, porque é moi difícil seguir traballando a un rendemento tan óptimo” como o desta planta.

Con tranquilidade “dentro do que cabe”, o persoal está á espera do seguinte movemento, este sábado, ás 12,00 horas, na praza do concello de Viveiro. Será “unha primeira posta en escena” da súa mobilización en contra do peche.

Previamente, o venres, ás 19,00 horas, o comité de Vestas celebrará unha reunión coa corporación municipal encabezada pola alcaldesa e rexedores das poboacións con traballadores afectados polo ERE presentado pola empresa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here