InicioOccidentalViveiroMáis de 100.000 euros para arranxar o paseo marítimo de Viveiro

Máis de 100.000 euros para arranxar o paseo marítimo de Viveiro

O proxecto contempla a reposición do tramo existente que está deteriorado, executando primeiro un baleirado e saneamento para proceder a reencher con materiais acordes e resistentes.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Deputación de Lugo, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega ao concello 100.000 euros para acometer o proxecto que solucionará os problemas estruturais que presenta unha parte do paseo marítimo. O Concello achegará pola súa banda 15.611 euros.

O convenio para o arranxo do paseo marítimo “é un claro exemplo dos bos resultados que ten para a cidadanía a colaboración entre administracións”, explicou o presidente da Deputación, pois a Demarcación de Costas, dependente do Estado, elaborou o proxecto; a Deputación de Lugo aporta o financiamento necesario para acometelo, e o Concello de Viveiro encárgase de licitar e executar as obras.

“Sei que a alcaldesa leva moito tempo preocupándose e pelexando por darlle unha solución a este problema do paseo marítimo, e para min é unha satisfacción poder colaborar dende a Deputación para que poida facelo e ofrecer, deste xeito, mellores servizos aos seus veciños e veciñas”, engadiu o mandatario provincial.

Tomé Roca detallou que esta actuación servirá para resolver o deterioro causado polo basculamento do muro cara o mar, no tramo que se sitúa entre o quiosco e o Conservatorio de Música.

Pola súa parte, María Loureiro agradeceu “a receptividade da Deputación para acometer esta actuación, que permitirá garantir a seguridade e recuperar plenamente un lugar emblemático para uso e desfrute dos veciños e veciñas de Viveiro”.

REPOSICIÓN DE TRAMOS EXISTENTES

O proxecto contempla a reposición do tramo existente que está deteriorado, executando primeiro un baleirado e saneamento para proceder a reencher con materiais acordes e resistentes. Para o deseño da solución proposta tívose en conta a protección e a reposición do paseo existentes, é dicir, os condicionantes de deseño actuais en canto a dimensións e acabado.

Primeiramente faranse os movementos de terras e traballos previos e estenderase a base do pavimento. Logo, estenderase o pavimento dos adoquines e das lousas, e instalaranse os sumidoiros e a dotación eléctrica para o alumeado público.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...