Os traballadores de Vestas convocan unha manifestación en Santiago para o xoves día 5

Os traballadores, que esta semana se desprazaron xa a Compostela para reunirse cos grupos parlamentarios coincidindo co debate da súa problemática no pleno da Cámara, tentan paralizar o período de consultas do ERE, que a compañía deu por aberto o pasado martes.

Traballadores de Vestas/CRTVG

O comité de Vestas Viveiro convocou unha manifestación para o vindeiro martes día 5 ás 15,00 horas en Santiago, onde marcharán desde o centro comercial As Cancelas ata a sede da Xunta en San Caetano.

Será na véspera da nova reunión que a empresa ten convocada para abordar o expediente de regulación de emprego (ERE) vinculado ao peche da planta, que prevé executar a finais de ano.

Os traballadores, que esta semana se desprazaron xa a Compostela para reunirse cos grupos parlamentarios coincidindo co debate da súa problemática no pleno da Cámara, tentan paralizar o período de consultas do ERE, que a compañía deu por aberto o pasado martes.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here