A “ViveiroBike Xtreme” celebrarase este sábado e será puntuable como Campinato Galego de BTT

A proba foi presentada esta mañá na casa do Concello, un acto que contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, César Iglesias, e representantes da organización da proba.


O Concello de Viveiro presentou hoxe a carreira “ViveiroBike Xtreme” que terá lugar este sábado 16 de outubro e será puntuable como Campionato Galego de BTT-Maratón deste ano 2021.

Esta proba deportiva estaba prevista para o domingo 17 de outubro, mais tendo en conta a manifestación en defensa de futuro industrial para A Mariña prevista para ese mesmo día, a organización decidiu adiantar a competición á xornada do sábado.

A proba foi presentada esta mañá na casa do Concello, un acto que contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, César Iglesias, e representantes da organización da proba.

“Viveiro é xa un referente para albergar eventos ao aire libre. O noso municipio acolle probas que atraen a milleiros de deportistas durante todo o ano, dando a coñecer Viveiro e a súa riqueza natural”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here