Miles de persoas responderon este domingo á chamada dos sindicatos CIG, CC.OO. e UGT para participar polas rúas de Viveiro nunha gran mobilización ‘Polo futuro da Mariña’, que reclamou ás administraicones unha solución á crise industrial que vive a comarca.
Veciños, traballadores, asociacións de comerciantes e representantes públicos de diferentes formacións políticas, entre eles alcaldes mariñáns, secundaron esta mobilización que tivo como principal transfondo os anunciados peches das plantas de Alcoa San Cibrao e de Vestas en Chavín.
A manifestación partiu ás 12,00 horas do mediodía desde a sede da Cruz Vermella e transcorreu polas rúas do municipio.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.