IniciosociedadeViveiro súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Loita contra o Cancro...

Viveiro súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama

“Nesta data, sumámonos á loita de todas as mulleres contra este cancro, esperando sensibilizar á poboación sobre a importancia de mellorar os recursos para combater esta doenza”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro apoia as reivindicacións do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, que se conmemora mañá, martes 19 de outubro. Con motivo desta data, o Concello de Viveiro iluminará de rosa a porta de Carlos V, como sinal de apoio ás persoas que padecen esta doenza e ás súas familias.

Viveiro adhírese así á ampla rede de municipios que reivindicarán esta data no Día internacional da loita contra o cancro de mama. Dende o Concello celébranse os avances na loita contra esta enfermidade nos últimos anos, froito en parte de reivindicacións como a deste día.

“Nesta data, sumámonos á loita de todas as mulleres contra este cancro, esperando sensibilizar á poboación sobre a importancia de mellorar os recursos para combater esta doenza”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...