InicioOccidentalViveiroVestas prorroga ata o luns as consultas do ERE mentres o comité...

Vestas prorroga ata o luns as consultas do ERE mentres o comité denuncia que é unha manobra “unilateral”

Segundo o presidente do comité David Mariño, a empresa di que "pode manter a actividade laboral para todo o persoal ata final de decembro", polo que "non debería ter ningún problema" en ampliar a negociación. Aínda que "hoxe non deixaron clara a postura" os representantes de Vestas, confía en que "igual poden pensalo".

Publicada o

- Advertisement -

Vestas decidiu prorrogar ata este luns, 8 de novembro, o período de consultas do ERE que afecta á fábrica de Chavín, en Viveiro, cuxo prazo de negociación terminaba este venres.

Tras un novo encontro en Santiago da mesa industrial, o presidente do comité de empresa de Vestas, David Mariño, indicou que a compañía “fixou unilateralmente” que esa prórroga sexa só ata o luns, pero traballadores e administracións coinciden en demandar que a ampliación debe realizarse ata fin de ano co obxectivo de que se dea tempo a unha procura de investidores.

Así, apunta que “hai unha postura clara de todos os representantes desta mesa industrial”, pois os traballadores están “apoiados” pola Xunta e Goberno central na petición. Remarca que “hai unha conta atrás” e “necesítase máis tempo” para atopar un posible comprador.

Agora, comité e empresa emprázanse a unha nova reunión que terá lugar o luns en Viveiro (ás 16,00 horas), onde os traballadores exporán a necesidade desa ampliación.

Segundo apunta Mariño, a empresa di que “pode manter a actividade laboral para todo o persoal ata final de decembro”, polo que “non debería ter ningún problema” en ampliar a negociación. Aínda que “hoxe non deixaron clara a postura” os representantes de Vestas, confía en que “igual poden pensalo”.

NOVO INVESTIDOR

Por outra banda, a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, informou de que hai un novo posible investidor para a planta, de forma que xa son nove as empresas con interese na compra, aínda que non pode dar “máis datos” ao ser “moi incipiente”.

Respecto diso, Mariño explica que “non hai máis información” sobre ese novo interese dunha empresa. “Aínda estamos a empezar con ese tema”, razoa, polo que “poden saír máis intereses” ou “saír adiante calquera desas empresas con algún tipo de oferta”.

Xunto a isto, Lorenzana sinala que “o transcendental” é que “necesitan os traballadores máis tempo para poder decidir en condicións sobre o despedimento colectivo”, dado que “agora mesmo non se sabe aínda o futuro da compañía”. Cre “imprescindible” que haxa acordo entre compañía e traballadores para unha ampliación “mínima” ata final de 2021.

“Se a empresa ten unha intención de colaborar no proceso de transición, de venda a outro competidor, ademais dicilo, tería que actuar en consecuencia“, avisa. Lorenzana deixa claro que esa ampliación “nada supón” para a compañía e “sería moi importante” para que os traballadores poidan decidir, “e non collendo unha indemnización por medo ao que poida suceder”.

Así mesmo, Lorenzana criticou que por parte do Ministerio de Industria “non se levou a cabo ningunha procura de ningún empresas”, pois “manifestaron que están a esperar a que se localice algunha empresa por parte do Goberno autonómico ou a propia Vestas para, a partir aí, activarse”. Unha postura que reproba por “decepcionante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...