InicioOccidentalViveiroViveiro fai balance positivo da súa participación en Xantar 2021 en Ourense

Viveiro fai balance positivo da súa participación en Xantar 2021 en Ourense

O consistorio viveirense declara que os touroperadores se mostraron moi interesados tanto nos produtos como no concello como destino.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deixou un inmellorable sabor de boca en Xantar 2021, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense, coa degustación dos seus productos e a promoción do seu potencial cultural e paisaxístico.

En concreto, na xornada do sábado ofreceuse unha degustación gratuíta de máis de 150 racións de dous produtos gastronómicos vinculados a dúas das festas de Viveiro con declaración de interese turístico: a pescada do pincho (cociñada en empanada) e o Pan dos Apóstolos (doce típico de Semana Santa).

Antes do inicio da degustación, o teniente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, realizou unha intervención na que ademais da gastronomía destacou que “somos un municipio hospitalario, de profunda pegada histórica e eminentemente turístico, dotado dos servizos dunha gran cidade e co encanto propio das pequenas vilas”.

En palabras da Fernández, “a natureza foi xenerosa con Viveiro, dotándoo de infinidade de paraxes extraordinarias: montaña, mar, ríos e praias, destacando as de Area, Sacido e Covas, todas elas con recoñecidas distincións de calidade”.

“Viveiro ten no seu patrimonio histórico, tanto civil como relixioso, unha testemuña única da súa devir ao longo dos séculos; a mellor maneira de coñecer a súa historia é percorrendo as súas rúas, gozando da beleza do seu casco antigo e descubrindo os seus numerosos monumentos”, engadiu.

O concello contou cun stand propio en Xantar, no que durante os días da feira difundiuse o material de promoción turística de Viveiro.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, mantivo reunións con varios touroperadores portugueses e alemáns, atraídos desde hai tempo polo potencial que ofrece Viveiro durante todo o ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...