InicioOccidentalViveiroA orixe dos restos en San Xoán Vello anima ao Concello de...

A orixe dos restos en San Xoán Vello anima ao Concello de Viveiro a ampliar os labores arqueolóxicos

Entre estes labores inclúese a ampliación da sondaxe 1 en 1 metro cara ao norte e levantamento da tumba in situ, recollida de ósos e estudo antropolóxico, xunto coa redacción e tramitación de informe-memoria requiridos pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, así como a recollida de mostras de mineroloxía e o levantamento topográfico dos restos.

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Viveiro informa do inicio dos labores de ampliación da intervención arqueolóxica na Cova de San Xoán Vello, que se está levando a cabo co obxecto de identificar cronoculturalmente os restos alí conservados e analizar o seu estado.

Entre estes labores inclúese a ampliación da sondaxe 1 en 1 metro cara ao norte e levantamento da tumba in situ, recollida de ósos e estudo antropolóxico, xunto coa redacción e tramitación de informe-memoria requiridos pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, así como a recollida de mostras de mineroloxía e o levantamento topográfico dos restos.

Este proxecto está promovido polo Concello de Viveiro e Síncrisis, grupo investigación da Universidade de Santiago de Compostela centrado na xeración de coñecemento histórico, histórico-artístico ou filolóxico e á implementación de ideas, técnicas ou modelos de investigación sobre o patrimonio histórico e cultural.

“É a nosa responsabilidade como goberno local impulsar todas aquelas accións que contribúan ao enriquecemento do noso patrimonio e que nos permitan descubrir máis sobre a nosa historia”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

O lugar da intervención está incluído no Inventario de xacementos arqueolóxicos de Galicia coa denominación Cova de San Xoán Vello / A Poceira, con clave de identificación GA27066032, dende xuño de 2017.

O xacemento da Cova de San Xoán Vello ábrese nun cantil sobre a ría de Viveiro no lugar da Poceira, parroquia de San Xoán da Cova, de difícil acceso.

Sábese que neste lugar atopábase ata mediados do século XVIII [ata 1738 segundo Donapetry (1953)] a igrexa parroquial de San Xoán da Cova, momento no que se trasladou a igrexa á súa actual localización dados os problemas de acceso e de ruína, conservándose na cova o topónimo de San Xoán Vello.

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...