InicioOccidentalViveiroO Entroido regresa a Viveiro coa mellora da situación sanitaria

O Entroido regresa a Viveiro coa mellora da situación sanitaria

Tamén o Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, anuncia o programa cultural para os próximos meses no Teatro Pastor Díaz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia que este ano recuperará a celebración do Entroido, previsto para a última semana de febreiro. O goberno local retoma así esta festividade, limitada nas dúas últimas edicións polo contexto sanitario. Nas próximas semanas, o Concello informará da programación completa e das bases do desfile de Entroido.

A decisión de retomar o Entroido por parte do Concello de Viveiro baséase nas novas medidas sanitarias anunciadas polo goberno autonómico, que prognostican unha mellora da situación epidemiolóxico. Non obstante, terase en conta en todo momento a evolución do contexto sanitario.

O goberno local está a piques de pechar unha programación con actividades seguras e coas adaptadas ás medidas sanitarias. O Concello de Viveiro leva meses propoñendo eventos culturais seguros, o que avala a seguridade sanitaria das actividades do Entroido.

Dende o goberno municipal infórmase que próximamente se dará a coñecer o programa completo deste Entroido, na que, en todo caso, se incluirán as citas e actividades máis tradicionais. Entre elas, celebraranse as Alpuxarradas, que terán lugar o sábado; o día do Neno, programado para o luns; o desfile de Entroido, previsto para martes 1 de marzo; e o enterro da Sardiña, que se celebra o mércores de cinza.

O Entroido é unha das festas máis importantes para Viveiro, polo arraigo desta tradición na nosa vila e tamén polo atractivo turístico que supón. Polo tanto, recuperar esta festa era unha das nosas prioridades tras os momentos máis duros da pandemia”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

PROGRAMA DE ACTOS NO TEATRO PASTOR DÍAZ

O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, anuncia o programa cultural para os próximos meses no Teatro Pastor Díaz. Este programa inclúese dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ao que se suman outras propostas culturais puntuais organizadas polo Concello de Viveiro.

O programa inclúe espectáculos para todos os públicos, comezando o próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 con “Sopa de Piedras” de Engruna Teatre dirixido a público infantil dende os 4 anos. Tamén en febreiro, o sábado 19, os nenos e nenas de 4 a 9 anos poderán gozar da obra “Onde Viven os monstros” da compañía Os náufragos.

A programación para adultos comezará o sábado 5 de marzo, coa obra de comedia “As que limpan” de A Panadería Teatro ás 20:30. O calendario propón hasta o mes de maio diferentes espectáculos, tanto para público familiar como infantil, e con distintos xéneros, como danza, drama ou comedia.

Estas actividades súmanse á celebración doutras datas sinaladas ou efemérides, para ás que o goberno local deseña unha programación específica. Por exemplo, o Concello de Viveiro traballa nun programa específico para reivindicar ás mulleres artistas o próximo 8 de marzo, día internacional da Muller Traballadora, a través da figura de Maruja Mallo. As Letras Galegas ou o recén recuperado Entroido son outras das datas cun programa cultural específico.

“Dende o Concello de Viveiro temos que agradecer ao público dos eventos culturais a súa fidelidade, asistindo ás diferentes actuacións. Grazas á súa alta participación, podemos seguir ofrecendo unha completa e variada programación”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

As entradas aos espectáculos deben comprarse de luns a xoves, no teléfono 982560162 de 9:00 a 14:00, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

O Concello de Viveiro afianza así a recuperación da normalidade no programa cultural. Non obstante, prestarase especial atención ao protocolo sanitario durante o desenvolvemento das obras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...