O Club de Piragüismo Viveiro Urban recibe os parabéns do Concello polas dúas medallas gañadas no campionato nacional

“Os grandes resultados deste equipo de piragüismo súmanse aos logros dos deportistas viveirenses noutras disciplinas, exemplificando o talento deportivo da nosa vila”, sinala César Iglesias, concelleiro de Deportes de Viveiro.


O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación ao Club de Piragüismo Viveiro Urban polos éxitos da súa participación no Campionato de España de Fondo de 5.000 metros celebrado en Sevilla a pasada fin de semana.

“Os grandes resultados deste equipo de piragüismo súmanse aos logros dos deportistas viveirenses noutras disciplinas, exemplificando o talento deportivo da nosa vila”, sinala César Iglesias, concelleiro de Deportes de Viveiro.

Entre os éxitos do equipo viveirense destacan as medallas de prata e bronce dos irmáns Kiko e Alberto Pigueiras na categoría master, de 40 a 44 anos. Ademais, a súa actuación permitiu que entrasen na clasificación senior da proba, onde remataron en 40ª e 59ª posición.

Cómpre tamén destacar a actuación de Manuel Carreja, quen lograba a 8ª praza na categoría master de 35 a 39 anos. Doutra banda, Vanesa Vizoso rematou en 14ª posición na categoría master de 40 a 45 anos. Por último, os deportistas Roque Basanta, Lorenzo e Noé Fernández non lograron superar a fase clasificatoria.

“Dende o Concello de Viveiro mostramos o noso apoio aos deportistas do municipio, así como os clubs, polo importante labor que realizan en prol de promocionar o deporte e a saúde”, finaliza María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here