Cambios no tráfico en Viveiro durante a Semana Santa para garantir a seguridade viaria

O concello agradece de antemán a colaboración e a comprensión de todos, co desexo de que a Semana Santa 2022 sexa moi especial e sirva ademais como reactivación da economía local.

Viveiro

O Concello de Viveiro concretou coa Policía Local os cambios no tráfico durante a Semana Santa con motivo da celebración das procesións, co obxectivo de mellorar a seguridade e a información aos conductores.

Con este dispositivo, o concello quere compatibilizar a celebración da Semana Santa coa vida diaria dos veciños e veciñas, causando as menores molestias posibles e facilitando por outra parte a chegada dos turistas e visitantes.

O concello agradece de antemán a colaboración e a comprensión de todos, co desexo de que a Semana Santa 2022 sexa moi especial e sirva ademais como reactivación da economía local.

Desde o mércores, 13 de abril, e ata o domingo, 17 de abril, habilitarase mediante regulación con semáforos un paso alternativo que comunicará as rúas Benito Galcerán e Río dos Foles coa rúa das Frores.

A avenida de Cervantes permanecerá pechada ao tráfico nos seguintes horarios:

1.- Martes Santo (12 de abril), desde as 20:30 horas e ata o remate da Procesión do Vía Crucis de Mulleres.

2.- Mércores Santo (13 de abril), a partir das 21:30 horas ata a finalización da Procesión do Vía Crucis de Homes.

3.- Xoves Santo (14 de abril), a partir das 17:00 horas ata a finalización da Procesión do Prendimiento.

4.- Venres Santo (15 de abril), a partir das 17:00 horas e ata a finalización da Procesión da Soidade (‘Dos Caladiños’).

5.- Sábado Santo (16 de abril), a partir das 19:00 horas, ata a finalización da Procesión da Esperanza de Resurrección.

6.- Domingo de Resurrección (17 de abril), a partir das 19:00 horas ata a finalización da Procesión do Vía Lucis.

Por outra parte, a Travesía da Mariña e a avenida de Galicía veranse afectadas a partir das 22:00 horas, tanto o Xoves Santo como o Venres Santo, ao paso das Procesións do Prendimiento e da Paixón, respectivamente.

A estrada que discorre entre a Porta de Carlos V e a glorieta do Ecce-Homo, a través da ponte da Misericordia, tamén se verá afectada o Xoves Santo, ao paso da Procesión da Misericordia, aproximadamente a partir das 00:30 horas.

Estes horarios de corte e apertura poden verse alterados en función de como transcorran as procesións

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here