O BNG de Viveiro reclama o mantemento das estradas na parroquia de Magazos

O BNG de Viveiro presentara un plan de acción que consta de 3 puntos clave: mantemento, conservación e mellora.


O BNG de Viveiro reclama o mantemento das estradas veciñais na parroquia de Magazos. En concreto, apuntan a necesidade de accións no tramo de estrada que vai desde o camiño da Cruz en Rúa Nova ao camiño de Vilamarcol de Arriba.

Nun comunicado do BNG viveirense, sinalan que “hai anos que non repoñen o firme e así o demostra o seu estado onde se pode ver a masa asfáltica levantada en gran parte da súa superficie coa herba medrando na mesma”. Xunto a isto sinalan que a vexetación invade a estrada por ambas marxes, “o que demostra que tampouco leva un mantemento regular e continuo”.

Prazos, obxectivos e mantementos axendados son a clave para a conservación e mellora das estradas municipais“, declarou a concelleira Míriam Bermúdez. “O mal estado e abandono das estradas de Viveiro teria fácil solución se o Goberno Municipal deixase a improvisación e contase cun Plan de Mantemento como o que presentamos desde o BNG no seu dia”, declarou Bermúdez.

A concelleira nacionalista remarca como “moi positivo para Viveiro contar cunha planificación para que o mantemento das estradas do concello funcionase debidamente, pois actualmente só funciona baixo denuncia pública e a veciñanza o fai visible”. Este Plan de Mantemento de Estradas Municipais que presentou o BNG consta de 3 puntos clave: mantemento, conservación e mellora

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here