InicioOccidentalViveiroAmplo programa do Concello de Viveiro para o Día das Letras Galegas

Amplo programa do Concello de Viveiro para o Día das Letras Galegas

“Esperamos que a veciñanza se sume a esta iniciativa, sentíndose orgullosa das nosas tradicións. Unha proposta que, xunto ao resto do programa, busca dar visibilidade á lingua galega e a toda a nosa cultura ”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta o seu programa para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022, que este ano se dedica a Florencio Delgado Gurriarán. O goberno local organiza unha extensa programación que se estenderá dende o 13 ao 22 de maio.

“En Viveiro celebraremos as Letras Galegas durante máis dunha semana, cun programa que involucra a todas as idades e na que involucramos aos centros educativos, ás asociacións culturais, ao conservatorio e outras entidades que traballan en prol da nosa lingua e cultura”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Este venres, 13 de maio comezarán os actos co Concerto de Clarinetes e Frautas co Conservatorio de Música de Viveiro ás 19:00. A continuación, ás 20:30, o Teatro Pastor Díaz acolle a representación teatral “Karelu” de “Os náufragos teatro” con entrada de balde.

O martes 17 de maio, día das Letras Galegas, terá unha ampla axenda de eventos. Ás 12:30, David Bellas, artista e profesor do conservatorio, interpretará o himno de Galicia dende o balcón da Biblioteca Municipal. Ás 13:00 haberá pasarrúas infantil e xuvenil de gaitas de “Bágoas da Terra”, mentres que ás 14:00 será o pasarrúas de “Amigos do folk”.

Ademais, o Concello de Viveiro retoma este ano a iniciativa “Orgullo de ser”, coa que invitan á cidadanía a incorporar pezas do traxe tradicional galego á súa vestimenta ou a vestirse completamente co traxe. Os escaparates dalgúns locais do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro tamén exhibirán traxes tradicionais galegos, grazas á colaboración de “Bágoas da Terra”.

“Esperamos que a veciñanza se sume a esta iniciativa, sentíndose orgullosa das nosas tradicións. Unha proposta que, xunto ao resto do programa, busca dar visibilidade á lingua galega e a toda a nosa cultura ”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O Día das Letras Galegas pecharase ás 20:30, na Sala do Conservatorio, co “Recital música e letras”, a cargo de Rosa Lage, Víctor Rolle a Lara Fernández. Esta cita contará coa participación dos usuarios de ASPANANE de Viveiro, polo que será un evento que inclúa a persoas con diversidade funcional.

A xornada do 18 de maio traerá obradoiros de improvisación, baixo o título “Regueifa”, para o alumnado do IES Vilar Ponte e do Ies María Sarmiento. O venres 20 de maio, organízase un concerto de gaitas a cargo do Conservatorio de Música.

Na fin de semana, o sábado 21 acollerá un obradoiro de iniciación á pandeireta e baile tradicional, gratuíto e dirixido a nenos/as a partir de 5 anos. Ás 13:30, a Praza Maior recibe a actuación do grupo “Os do 21” do Vicedo.

O domingo 22 de maio a Biblioteca Municipal de Viveiro acolle un obradoiro de debuxar e ler textos de Florencio Delgado Gurriarán. Ese mesmo día, ás 13:00, será o concerto especial “Letras Galegas” da Coral Polifónica Alborada de Viveiro, na praza da Fontenova. A programación péchana os cantos da taberna a cargo de “Espera que vou mexar” ás 14:00.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...