O acusado de agredir persoal sanitario en Viveiro rexeita alcanzar un pacto de conformidade

O acusado asegura ser vítima dun "tema racista" que derivou na rifa na que sufriu as feridas que o levaron a ser trasladado ao centro de saúde.

Centro de saúde de Viveiro. AXM

O home acusado de agredir no ano 2016 varios profesionais sanitarios nun centro de saúde de Viveiro rexeitou alcanzar un acordo de conformidade proposto polo Ministerio Público, que pide case 6 anos de cárcere por unha serie de delitos.

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrou o xuízo contra este home, que declinou alcanzar un pacto que evitase a vista. Os feitos xulgados remóntanse a 2016, cando o procesado foi trasladado ao centro de saúde despois de sufrir unha agresión durante incidente rexistrado na festa do 25 de xullo.

Segundo a Fiscalía, a conduta do acusado “non foi a correcta tanto coa doutora, nin coa enfermeira”. Co novo código penal, ese tipo de actuacións “revisten a condición de atentado” neste caso contra sanitarios, como puntualizou o avogado do acusado, Jaime Pernas.

Precisamente, o avogado defendeu a libre absolución do seu defendido porque entende que os feitos “non son como di a acusación”. Impútanselle unha agresión e unha agresión por delito, dúas agresións leves e dous delitos de atentado contra as persoas facultativas que lle atenderon no centro de saúde.

O acusado asegura ser vítima dun “tema racista” que derivou na rifa na que sufriu as feridas que o levaron a ser trasladado ao centro de saúde onde supostamente se cometeu a agresión.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here